Universidad de Vigo (logo)

Sistema de Garantía de Calidade

O RD 1393/2007 do 29 de outubro de 2007 (modificado polo RD 861/2010 e posteriormente polo RD 43/2015), polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, esixe, para a verificación e acreditación dun título, a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e mellora da calidade da oferta formativa.

O Sistema de Garantía de Calidade da Escola Universitaria de Estudos Empresariais ten como fin converterse nun instrumento para mellorar as titulacións impartidas no centro e, en consecuencia, contribuír a garantir un nivel de calidade que facilite a acreditación dos títulos e a súa renovación.

A ACSUG emitiu con resultado favorable o informe de avaliación do deseño do SGC do centro o 26 de abril de 2010.

Documentación básica do SGC da EUEE: