Universidad de Vigo (logo)

Sistema de garantía interno de calidade da Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo

Co obxecto de favorecer a mellora continua das titulacións impartidas no centro e garantir a súa calidade, a Escola Universitaria de Estudos Empresariais (EUEE) da Universidade de Vigo deseñou e implantou un Sistema de Garantía Interno de Calidade (S.G.I.C.), que conta co informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (A.C.S.U.G.).

Este sistema estrutúrase con base en 9 criterios e 26 procedementos que son obxecto de información pública para os grupos de interese (alumnado, empregadores/as, persoal da Universidade etc.) a través da web do centro e do que sintetizaremos, a continuación, o seu obxecto fundamental, facilitando un vínculo que permite acceder ao texto do procedemento e ao plan de mellora formulado. Os seguintes procedementos afectan o centro no seu conxunto (a totalidade das súas titulacións). Nos apartados da páxina web correspondentes a cada un dos títulos detállase a información que lles afecta a cada un deles.

1.- Xustificación do Sistema de Garantía Interno de Calidade da EUEE

O SGIC da Escola Universitaria de Estudos Empresariais (E.U.E.E.) da Universidade de Vigo conta cun procedemento que desenvolve a sistemática que se vai aplicar no deseño e na revisión da política e obxectivos de calidade do centro: Procedemento para a Definición e Revisión da Política e Obxectivos de Calidade - [PE01].

É propósito do Equipo Directivo e da Comisión de Garantía de Calidade da E.U.E.E. avanzar na mellora da definición do sistema de obxectivos (mellorar a súa definición para que sexan medibles e comprensibles, que afecten a un maior número de procesos e actividades vinculadas coa calidade etc.) e no seu seguimento e control (mellorar a marxe de actuación para lograr o seu cumprimento) para o que establece as seguintes directrices xerais que constitúen a nosa Política de Calidade - [IT01-PE01].

2.- Obxectivos do Sistema de Garantía Interno de Calidade da E.U.E.E.

O sistema de garantía interno de calidade da Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo dispón de procedementos orientados á revisión, seguimento e mellora das titulacións - [DO-0102], de forma que a partir da información procedente de diversas fontes de información, propóñense melloras oportunas. Con respecto aos obxectivos, esta mellora pasa, entre outros, pola continua reflexión e revisión dos perfís de ingreso (características desexables do alumnado de novo ingreso) e de saída (competencias etc., que debe ter o egresado/a e que se instrumentan no correspondente procedemento (Promoción das Titulacións - [DO-0202]) e na aplicación dos plans de mellora. Evidencias vinculadas:

3.- Acceso e Admisión de Estudantes na E.U.E.E.

O sistema tamén define como debe recollerse e quen debe fixar o sistema de selección de alumnado. Este procedemento de selección, admisión e matriculación de estudantes - [PC04] normaliza e clarifica o sistema de acceso ao alumnado, de forma que o órgano con competencias publicará e fará constar nas memorias dos títulos as probas específicas ou os baremos de entrada que, de existir, se empreguen para a selección. Cada un dos títulos impartidos na Escola Universitaria de Estudos Empresariais emprega o seu propio sistema de selección. Basicamente, o Grao en Comercio ten en conta a nota de entrada que o alumno/a obtén nas PAU, mentres que os mestrados recollen baremos específicos relacionados cos perfís de ingreso e de saída. Evidencias vinculadas:

4.- Planificación do Ensino na E.U.E.E.

A actual oferta de títulos da Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo nace da súa tradición formativa, que crea, co paso do tempo, unha misión e unha visión institucionais. O seu axuste coas necesidades socioeconómicas da súa área de influencia constitúe o segundo factor de éxito no deseño da oferta, que debe, loxicamente, subordinarse ao marco normativo vixente.

Estes vectores dan lugar aos títulos que constitúen a oferta da E.U.E.E. e que deben seguir, segundo se trate de graos, mestrados ou doutoramentos, ademais dos principios comentados, determinados procedementos de deseño e aprobación de acordo coa normativa estatal e da Universidade de Vigo. O S.G.I.C. da E.U.E.E. define estes procedementos e as responsabilidades dos distintos órganos implicados: Deseño, autorización e verificación das titulacións oficiais - [DO-0101].

Ademais dos procedementos relacionados coa revisión e mellora das titulacións, a definición de perfís e captación de estudantes, e a selección, admisión e matriculación, o S.G.I.C. da E.U.E.E. recolle procedementos que aseguran que a planificación e a implantación dos títulos se axusta ao establecido na memoria do título (Procedemento de planificación e desenvolvemento do ensino - [PC06]). Iso comprende, entre outras, a aprobación do plan de organización docente, dos horarios de clase e calendario de exames e das guías das materias.

A mellora dos procesos anteriores céntrase na racionalización dos horarios de clase e no calendario de exames, e na mellora das guías docentes e da coordinación das materias.

No deseño e na implantación dos títulos da E.U.E.E. desempeñan un papel clave a xestión da mobilidade do estudantado do centro que cursa estudos noutras universidades (Xestión da Mobilidade - [DO-0205 P1]), do alumnado doutras universidades que cursan estudos na E.U.E.E. Xestión da Mobilidade - [DO-0205 P1]) e das prácticas externas que realiza o noso alumnado en empresas e institucións (Xestión das Prácticas Académicas Externas - [DO-0204 P1]).

Un elemento diferenciador clave da E.U.E.E. son as prácticas. Ata o punto de que todas as súas titulacións inclúen no seu plan de estudos unha materia obrigatoria. O que significa que todo o alumnado do centro, sexa cal for a titulación cursada, realizan unha estancia nunha empresa ou institución como parte do seu programa formativo. A E.U.E.E. conta con 500 convenios asinados, o que asegura que todo o alumnado terá unha práctica adecuada.

Así mesmo, a E.U.E.E. subscribiu convenios de intercambios con numerosas universidades estranxeiras tanto para enviar coma para recibir estudantes.

Como accións de mellora, tense en conta mellorar a planificación racional dos exames finais do alumnado, aumentando, na medida do posible, a separación temporal das devanditas probas.

A E.U.E.E. está aberta á recepción de queixas, reclamacións ou suxestións por parte do alumnado, profesorado, persoal de administración e servizos, egresados/as etc. Para iso desenvolveu un procedemento de xestión de incidencias, reclamacións e suxestións (Procedemento de Xestión e Revisión de Incidencias, Reclamacións e Suxestións - [PA04]) en que se ofrecen canles para presentarlles aos afectados/as e acláranse os procesos e as responsabilidades do equipo directivo e da persoa ou do órgano implicados.

As melloras para o próximo curso céntranse en mellorar a difusión entre os grupos de interese da posibilidade de formular queixas, suxestións e reclamacións.

Finalmente, a normalización de procesos vinculados á planificación e desenvolvemento do ensino péchase co que se ocupa da expedición dos títulos oficiais impartidos no centro (Procedemento para a tramitación de expediente e tramitación de títulos - [PA09]) e o que se dedica á regulación das causas que motivan a suspensión dun título, os órganos responsables da súa aprobación e os dereitos que asisten a/o estudante a que inicie os estudos que se extinguen (Suspensión e extinción dunha titulación - [DO-0103]).

Evidencias vinculadas:

 

5.- Recursos Humanos da E.U.E.E.

Sen dúbida trátase dun elemento crítico para o correcto desempeño das funcións e o logro dos fins da E.U.E.E. e da Universidade. Aínda que as competencias básicas relacionadas cos recursos humanos (deseño da política de persoal, selección, captación, formación, avaliación do desempeño e recoñecemento) dependen da Vicerreitoría de Profesorado (PDI) e da Xerencia (PAS), no marco da normativa autonómica e estatal vixente, a política de persoal debería ter en conta a singularidade dos centros de forma que se ampliase a súa marxe de manobra actual. En todo caso, o S.G.I.C. da E.U.E.E. recolle:

 

Como medidas de mellora tense en conta a realización, dentro da súa capacidade de actuación, de accións formativas dirixidas á adaptación do persoal ao novo marco establecido polo EEES e a selección e retención dos mellores expertos para o MCI, título para o cal a comisión académica goza de autonomía.

6.- Recursos Materiais e Servizos da E.U.E.E.

O SGIC da E.U.E.E. inclúe un procedemento dedicado á normalización das decisións de adquisición de recursos materiais (renovación de aulas, equipos informáticos, instalacións etc.) que xestiona o equipo directivo do centro (Procedemento para a Xestión dos Recursos Materiais - [PA07]). Ademais, en coordinación coa Xerencia da Universidade definirá, planificará e xestionará os servizos de apoio existentes no centro, tales como cafetaría, reprografía, limpeza, biblioteca etc. (Procedemento para a Xestión dos Servizos - [PA08]).

Dentro do Plan de melloras do centro, recóllese a adaptación dos espazos docentes (aulas, seminarios) ao tamaño de grupo que favoreza o desenvolvemento da nova metodoloxía de ensino-aprendizaxe.

A continuación recóllense as evidencias vinculadas a este procedemento:

 

7.- Resultados previstos do SGIC da E.U.E.E.

O alumnado vive de forma intensa a avaliación do seu esforzo. Ademais, o cambio de modelo docente normalmente implica a renovación do sistema de avaliación, o que afecta tanto ao profesorado coma ao estudantado. O sistema de avaliación condiciona a forma de estudar, inflúe na satisfacción do alumnado e das súas familias e marca os coñecementos, habilidades e actitudes que o egresado incorporará na súa profesión. Xa que logo, tamén lles interesa aos empregadores/as. Por todo iso, o SGIC da E.U.E.E. incorpora un procedemento orientado a verificar que os sistemas de avaliación son coherentes cos obxectivos e competencias definidos no plan de estudos e coa política do centro (Procedemento de Avaliación das Aprendizaxes - [PC07]).

Este procedemento ocúpase, entre outras funcións, de establecer sistemas para a proposta das datas de avaliación e a comunicación dos resultados para a análise dos indicadores académicos, as incidencias, queixas e reclamacións (procedemento xa comentado anteriormente) e a satisfacción dos grupos de interese (Procedemento de Satisfacción dos Grupos de Interese - [PA03]).

Esta análise desenvólvese no Procedemento de Medición, Análise e Mellora - [PM01] e as súas conclusións son obxecto de información pública (Información Pública e Rendemento de Contas - [DO-0301 P1]) co fin de que os grupos de interese coñezan, con relación á avaliación das aprendizaxes, os indicadores académicos, os resultados de enquisas de satisfacción e as incidencias e queixas para, no seu caso, propoñer medidas correctoras (Seguimento e Mellora das Titulacións - [DO-0102]), xa explicado.

Tanto o equipo directivo da E.U.E.E. coma a comisión de garantía de calidade suscítanse mellorar o seguimento dos indicadores académicos, enquisas de satisfacción e queixas e suxestións relacionadas coa avaliación das aprendizaxes (resultados desagregados por materia ou por curso, obtención puntual dos datos etc.).

Dentro do seu ámbito de competencia, impulsarán o debate orientado a mellorar a ambigua e incompleta normativa actual da Universidade de Vigo e a achega da avaliación das aprendizaxes: delimitación clara de competencias na avaliación do alumnado e en canto á posibilidade de establecer un sistema de avaliación homoxéneo por centros (responsabilidades de coordinadores/as de materia, profesorado e centros), obrigatoriedade ou non de asistir a clase e atención a necesidades educativas especiais, avaliación curricular etc.

Evidencias vinculadas:

 

8.- Sistema de garantía interno da calidade (SGIC) da E.U.E.E.

O sistema de garantía interno de calidade (SGIC) da E.U.E.E. ten como fin converterse nun instrumento para mellorar as titulacións impartidas no centro e, en consecuencia, contribuír a garantir un nivel de calidade que facilite a acreditación dos títulos e a súa renovación.

O Real Decreto 1393/2007 establece que nas memorias dos títulos oficiais deben constar os/as responsables do sistema de garantía da calidade do plan de estudos, os procedementos de avaliación e mellora da calidade do ensino e do profesorado, os procedementos para garantir a calidade das prácticas externas e os programas de mobilidade, os procedementos de análises de inserción laboral e de satisfacción coa formación recibida e para a análise da satisfacción dos grupos de interese e de atención ás suxestións ou reclamacións, así como dispoñer de criterios específicos no caso de extinción do título.

A garantía de calidade pode describirse como a atención sistemática, estruturada e continua á calidade en termos do seu mantemento e mellora. No marco das políticas e dos procesos formativos que se desenvolven nas universidades, a garantía da calidade ha de permitirlles a estas institucións promover a mellora continua da calidade dos seus programas e títulos, e que se comprometen a poñer en marcha os medios que aseguren e demostren esa calidade.

O deseño do sistema inclúe a determinación das necesidades e expectativas do estudantado, así como doutros grupos de interese, con relación á formación que se ofrece nas institucións universitarias, así como o compromiso coas devanditas necesidades. Implica transparencia na actuación e na información que se fornece á contorna, a mellora continua e un modo de actuación sistemático.

Precisamente, a transparencia na información que se fornece á contorna implica poñer en coñecemento dos grupos de interese o Informe Anual de Resultados - [PM01], no que se detallan e analizan os resultados das enquisas de satisfacción ao alumnado, docentes e PAS, o grao de cumprimento dos obxectivos de calidade, os indicadores académicos (abandono, éxito, rendemento etc.) e a análise de queixas e suxestións.

O SGIC engloba todos os procedementos xa comentados. En conxunto comprende 13 capítulos e 26 procedementos (estratéxicos, de apoio, clave e de medición).

Para o seu deseño, actualización e implantación, créase unha estrutura no centro que involucra o seu equipo directivo, o coordinador/a de calidade, a comisión de garantía da calidade e os grupos de mellora. As responsabilidades de cada órgano desta estrutura pódense consultar no capítulo 3 do manual (Estrutura da E.U.E.E. para o desenvolvemento do S.G.I.C.), mentres que a composición e as funcións da comisión de garantía de calidade constan na evidencia [IT01-PC01].

Outros procedementos vinculados co S.G.I.C. e aos que xa mencionamos o seu obxecto e contido son:

 

O S.G.I.C. da E.U.E.E. da Universidade de Vigo foi aprobado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), da Axencia Galega para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) o 26 de abril de 2010. Pódese acceder ao Informe Final de Avaliación do Deseño do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo.

Dentro do plan de melloras para o SGIC, a E.U.E.E. proponse culminar a súa implantación, mellorando a sistemática empregada (xestión de evidencias, análises de información, queixas e suxestións etc.), ademais de tender á súa simplificación coa intención de convertelo nunha ferramenta eficaz de mellora a un custo asumible: reducir a burocracia, eliminar os solapamentos e os procedementos que non acheguen melloras reais, impulsar a reflexión sobre os procedementos claves para a mellora da calidade e sobre os que o centro carece de capacidade de actuación etc.