Facultade de Comercio

Search
Close this search box.

Prácticas Externas

  • As Prácticas Académicas Externas nas empresas previstas no plan de estudos do Grao en Comercio son curriculares e xa que logo, obrigatorias. A súa xestión recae na persoa que ocupe o Vicedecanato de Relacións Externas e Alumnado, que será o coordinador ou coordinadora da materia.
  • As prácticas en empresas realizaranse unicamente nas empresas e institucións que teñan asinado o Convenio de Prácticas coa Universidade de Vigo.
  • A súa duración máxima será de 180 horas e o seu contido irá encamiñado a aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos durante os diferentes cursos.
  • O período de solicitude de prácticas en empresas estará aberto ao longo de todo o curso académico e o seu desenvolvemento será tutelado academicamente por un profesor ou profesora e por un titor ou titora de empresa.
  • O coordinador ou coordinadora encargarase de xestionar as prácticas curriculares na empresa. Entre as suas taredas encontrase a recepción de solicitudes de alumnos/as e das empresas, a adxudicación de prácticas ao alumnado, e o seguimento das mesmas.
  • O estudantado poderá propoñer empresas para realizar as súas prácticas, e será condición imprescindible a sinatura do Convenio de Prácticas coa Universidade de Vigo.
  • Poderán solicitar o recoñecemento de créditos de Prácticas Académicas Externas os alumnos ou alumnas que:
    • Acrediten unha experiencia profesional superior a seis meses en actividades claramente relacionadas coa titulación (vida laboral).
    • Teñan realizado prácticas extracurriculares, sempre que cumpran cos requisitos de duración e contido.

Normativa relativa ás Prácticas Externas en Empresas

Procedemento para a Realización de Prácticas Académicas Externas curriculares

Todo estudantado que queira realizar as Prácticas Académicas Externas curriculares en empresas deberá solicitalo dentro dun dos prazos habilitados ao comezo de cada cadrimestre. As datas comunicaranse na popia materia, na plataforma MOOVI.

Solicitude de Realización de Prácticas Académicas Externas curriculares

A documentación necesaria para solicitar prácticas curriculares é a seguinte, e a súa formalización farase na propia materia, na plataforma MOOVI (en formato electrónico):

  • Extracto do expediente académico ata a data da convocatoria.
  • Currículo (con fotografía).
  • Formulario de Solicitude para a Realización de Prácticas Académicas Externas en Empresas

Asignación de alumnado a Prácticas Académicas Externas curriculares

A preasignación do alumnado as Prácticas Académicas Externas curriculares realizaráse polo Vicedecanato de Relacions Externas e Alumnado, tendo en conta os seguintes criterios:

  • Conforme o expediente académico obtido ata a data de presentación da convocatoria.
  • Conforme as esixencias da empresa ao lugar de residencia do alumnado.
  • Outros criterios.

En calquera caso, a selección definitiva de empresa-estudante recaerá nas dúas partes; é dicir, serán a empresa e tamén cada estudante os que han de chegar a un acordo. A partir deste momento o alumno ou alumna deberá facerse cargo de toda a documentación necesaria para formalizar a práctica.

Por outra parte, existe a posibilidade de que un alumno ou alumna xestione pola súa conta a práctica para realizala nunha determinada institución ou empresa, para o que deberá poñerse en contacto co coordinador ou coordinadora da materia de prácticas para xestionar o oportuno convenio entre a empresa e a Universidde de Vigo.

Formalización das Prácticas Académicas Externas curriculares

O documento obrigatorio que o alumnado deberá cubrir e entregar na plataforma en formato electrónico para poder comezar a realizar as prácticas nunha empresa é o seguinte:

  • Condicions da práctica Académica Externa en Empresas (ANEXO I): este documento asinarao a empresa (con selo, sinatura e data), o alumno ou alumna, e o titor ou titora, que por defecto será o coordinador ou coordinadora da materia, agás que se indique o contrario.

NOTA: Sen este documento non se poden empezar a realizar as prácticas nunha empresa e, polo tanto, exímese de calquera responsablidade á Universidade de Vigo e á Facultade de Comercio en caso de calquera incidencia relativa ás prácticas que non teñan sido formalizadas entre o alumno ou alumna e a empresa.

Seguimento e Avaliación das Prácticas Académicas Externas curriculares

  • Unha vez comezada a práctica, o alumno ou alumna poñerase en contacto co seu coordinador ou coordinadora na facultade co fin de levar a cabo o seguimento da práctica, así como recibir instrucións para realizar a memoria.
  • O alumno ou alumna, os últimos días da práctica curricular, entregaralle ao titor ou titora da empresa o Informe do Titor/a da Empresa (ANEXO IV) para que o avalíe e, posteriormente, subirao na plataforma MOOVI no apartado correspondente da materia en formato electrónico.
  • Unha vez finalizada a práctica curricular, o alumnado subirá na plataforma MOOVI, no apartado correspondente da materia en formato electrónico, o modelo Informe final do alumno/a(ANEXO VI) debidamente cuberto e firmado.
  • No caso de que o coordinador ou coordinadora da materia non sexa o seu titor ou titora, o titor ou titora asignado ou asignada remitirá o Informe do Titor/a Académico/a (ANEXO V) ó Vicedecanato de Relacions Externas e alumnado para a realización dun seguimiento da citada práctica.

Documentos relativos ás Prácticas Académicas Externas curriculares

Os documentos relativos ás Prácticas Académicas Externas, que estarán dispoñibles na propia materia, na plataforma MOOVI, son os seguintes:

  • Formulario de Solicitude para a Realización de Prácticas Académicas Externas en Empresas
  • Condicions da prática Académica Externa en Empresas (ANEXO I)
  • Informe do Tutor/a Académico/a da Empresa (ANEXO IV)
  • Informe final do alumno/a (ANEXO VI)
  • Informe do Titor/a Académico/a da Universidade (ANEXO V)

Coordinación das prácticas