Facultade de Comercio

Search
Close this search box.

Política e Obxectivos de Calidade

A política de calidade da Facultade de Comercio concede moita importancia á satisfacción de tódolos membros que compoñen o centro. Por iso, a política de calidade diríxese principalmente a acadar o cumprimento das expectativas formativas das súas egresadas e egresados e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais. Tamén busca satisfacer as demandas do profesorado no que respecta á xestión mais eficaz dos procedementos vinculados coa calidade.

Para iso existe o compromiso de empregar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e en coherencia cos criterios e coas directrices establecidos. Así establécense as seguintes liñas xerais que constitúen a política de calidade do centro:

  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, necesidades e expectativas da sociedade, para consolidar altos niveis de calidade nas súas titulacións, sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento do espírito crítico, da capacidade de análise e de reflexión.
  • Alcanzar o recoñecemento a nivel nacional e internacional da calidade docente a través da consecución das metas asociadas a indicadores académicos con especial relevancia aqueles que se relacionan coa satisfacción dos grupos de interese.
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua en materia de calidade do persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos e do alumnado, fomentando a eficacia e continuidade dos sistemas e procesos a ela vinculados.
  • Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento tanto do Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) como de todos os procesos vinculados coa calidade que afectan ao centro e ás súas titulacións.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia do coñecemento con perspectiva de xénero para remover os obstáculos que impiden unha igualdade real entre as mulleres e os homes.
  • Acadar o desenvolvemento e seguimento tanto do Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) como de todos os procesos vinculados coa calidade que afectan ao centro e a súas titulacións.