Universidad de Vigo (logo)

PRESENTACIÓN OFICIAL DE SAVES: Asistente Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social

PRESENTACIÓN OFICIAL  DE SAVES: Asistente Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social

20/Oct/2021

invitacion.png

O Próximo Martes, 26 de Outubro terá lugar a presentación oficial de SAVES, unha aplicación dixital desenvolvida por ECOBAS, que permite consultar dende calquera dispositivo electrónico ampla información económico-financeira  sobre as sociedades cooperativas galegas.

Esta ferramenta, accesible dende a web saves.uvigo.gal, foi co-financiada pola  Rede Eusumo, e está deseñada para axudar á xestión diaria das cooperativas, as súas asociacións representativas, as xestorías e a Administración Pública.

O evento terá lugar no Salón de Actos da Escola de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo (Rúa Torrecedeira 105) e, ademais da presentación por parte dos seus creadores, Carlos Iglesias e María José Cabaleiro, contará coa participación do Reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, o presidente do Foro para a Economía Social de Galicia, Celso Gándara, e unha conferencia a cargo de Carmen Rodríguez, Presidenta de Mulleres de Seu e Vicepresidenta de CLUN.

A información do Acto está dispoñible en:

https://saves.uvigo.gal/Proximos-Eventos/

así como tamén nas redes sociais:

Linkedin: https://bit.ly/3axaeCT

Facebook: https://bit.ly/2YN8zXb

Para asistir de maneira presencial precísase realizar unha inscrición previa https://saves.uvigo.gal/inscricion e poderá ser seguido tamén de forma virtual a través de UVigo TV