Universidad de Vigo (logo)

Instalacións e servizos da Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo

Edificios da Escola Universitaria de Estudos Empresariais

A Escola Universitaria de Estudos Empresariais (EUEE) da Universidade de Vigo ten as súas instalacións repartidas en dous edificios, sitos un fronte ao outro na rúa do Conde de Torrecedeira: o edificio central e un edificio anexo con instalacións compartidas coa Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Industrial (EUITI) da Universidade de Vigo.

Edificio Central da Escola Universitaria de Estudos Empresariais (E.U.E.E.) da Universidade de Vigo

Edificio Central

Edificio central da Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo.

 

Edificio Anexo da Escola Universitaria de Estudos Empresariais (E.U.E.E.) da Universidade de Vigo

Edificio Anexo

Edificio anexo da Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo.

 

Aulas da Escola Universitaria de Estudos Empresariais

A Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo (EUEE) conta con dez aulas para docencia, equipadas con conexión wifi, canón para proxeccións e ordenador en cada unha delas. Ademais, conta con catro aulas-seminarios, dotadas algunhas delas con encerados interactivos para as prácticas e os cursos. A continuación pode consultarse a distribución das aulas entre os edificios que forman a EUEE.

Nº de Aula Capacidade Edificio Andar
Aula 01 160 Central Baixo
Aula 21 180 Central Segundo
Aula 31 155 Central Terceiro
Aula 32 170 Central Terceiro
Aula 33 33 Central Terceiro
Aula 34 45 Central Terceiro
Aula 201 70 Anexo Segundo
Aula 202 70 Anexo Segundo
Aula 203 70 Anexo Segundo
Aula 204 15 Anexo Segundo
Seminario 16 15 Central Primeiro
Seminario 35 24 Central Terceiro
Seminario 303 20 Anexo Terceiro
Seminario 304 20 Anexo Terceiro

 

Instalacións da EUEE destinadas á docencia

Aula destinada á docencia na Escola Universitaria de Estudos Empresariais (E.U.E.E.) da Universidade de Vigo

Aulas para a Docencia

A EUEE conta con dez aulas destinadas á docencia, plenamente equipadas con wifi, ordenador e canón proxector.

 

Aula de Informática da Escola Universitaria de Estudos Empresariais (E.U.E.E.) da Universidade de Vigo

Aulas de Informática

A EUEE conta con tres aulas de informática, das cales unha delas é de uso libre para o alumnado.

 

Aula destinada á utilización de medios audiovisuais na Escola Universitaria de Estudos Empresariais (E.U.E.E.) da Universidade de Vigo

Aula para Medios Audiovisuais

A EUEE conta cunha aula completamente equipada destinada á utilización de medios audiovisuais.

 

Instalacións da EUEE destinadas a eventos e ao estudo

Salón de Actos da Escola Universitaria de Estudos Empresariais (E.U.E.E.) da Universidade de Vigo

Salón de Actos

O Salón de Actos da E.U.E.E. conta con:

  • Unha capacidade para 143 persoas.
  • Televisión, Vídeo Proxector, Pantalla e Retroproxector.
  • Equipo Multimedia.
  • Megafonía.

 

 

Sala de lectura da Escola Universitaria de Estudos Empresariais (E.U.E.E.) da Universidade de Vigo

Sala de Lectura

A sala de lectura da EUEE é un amplo espazo habilitado para que o alumnado poida realizar tarefas de lectura e estudo. Conta con 104 postos de lectura distribuídos en 13 mesas dotadas de iluminación directa.

 

Biblioteca da Escola Universitaria de Estudos Empresariais (E.U.E.E.) da Universidade de Vigo

Biblioteca

A biblioteca da EUEE dispón de numerosos fondos vinculados ao ámbito económico-empresarial. Forma parte do servizo de bibliotecas da Universidade de Vigo e atópase compartida con outro centro. Ofrece, entre outros, os servizos de lectura e consulta en sala, préstamo, información bibliográfica e consulta remota a recursos electrónicos contratados pola biblioteca (bases de datos, portais de internet, revistas electrónicas etc.).

Ademais dos fondos bibliográficos situados nas propias instalacións da biblioteca, é posible o acceso a todos os fondos bibliográficos e documentais da Universidade mediante o préstamo intercentros e a conexión en rede a unha extensa colección de revistas electrónicas e bases de datos.

 

 

Desde o Catálogo da Biblioteca Universitaria da Universidade de Vigo accédese aos recursos bibliográficos das outras bibliotecas universitarias galegas (universidades de Santiago de Compostela e da Coruña), así como doutras bibliotecas galegas e do resto de España e estranxeiras que se poden consultar a través do servizo de préstamo interbibliotecario. Nas súas instalacións conta con:

  • Recursos electrónicos: libros electrónicos, revistas, bases de datos, etc.
  • Coleccións de referencia: diccionarios, enciclopedias, etc.
  • 310 postos de lectura e sete ordenadores de uso público.
  • Dúas fotocopiadoras para usuarios/as.
  • Hemeroteca e Prensa Diaria.

 

Outras instalacións da Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo

  • Sala de Traballos en Grupo: Deseñada para facilitar a realización de traballos en grupo por parte do alumnado.
  • Laboratorios de idiomas: As materias de idiomas (inglés, francés e alemán) ofrécenselle ao alumnado como elemento relevante e diferenciado do noso plan de estudos, para o que se utilizan dúas aulas acondicionadas.
  • Sala de Reunións: Cunha capacidade para 24 persoas, está dotada dunha mesa central grande, dúas mesas auxiliares, e expositor de prensa e revistas.
  • Despachos de dirección, profesorado e salas de reunións.
  • Secretaría Administrativa.
  • Conserxaría.
  • Delegación de Alumnado.
  • Asociación Aulas Abertas.
  • Sede do Club Maravedí.
  • Sede de Economía Social.

Servizos da Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo

  • Servizo de Reprografía: tanto no edificio central coma no edificio anexo da E.U.E.E.
  • Servizo de Cafetaría: no Edificio Central da E.U.E.E.
  • Servizo de Cafetaría-Autoservizo: no edificio anexo da EUEE sérvense comidas a prezos reducidos fixados pola Universidade.