Universidad de Vigo (logo)

A Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo

Escuela Universitaria de Estudios Empresariales (EUEE) de la Universidad de Vigo

Desde 1920, a Escola Universitaria de Estudos Empresariais (E.U.E.E.) da Universidade de Vigo formou miles de estudantes que contribuíron ao desenvolvemento de Vigo e da súa área de influencia e á competitividade das súas empresas. Hoxe, os seus titulados/as e os seus estudos gozan dun prestixio que facilita a inserción laboral das novas fornadas. Xunto á Escola de Enxeñaría é a orixe da Universidade de Vigo, que actualmente ofrece tres titulacións universitarias de notable proxección laboral: o Grao en Comercio, o Mestrado en comercio internacional e o Mestrado en dirección de PEMES.

A Escola está situada no Campus de Vigo, no centro da cidade, e conta coas súas instalacións repartidas entre o edificio central e o edificio anexo compartido coa Escola de Enxeñaría. No edificio central atópanse os seguintes servizos e instalacións: aulas, laboratorio de idiomas e de informática, salas de seminarios e de audiovisuais, salón de actos, delegación de alumnado, secretaría de alumnado, despachos de dirección, despachos de profesorado, servizo de reprografía, cafetaría e salas de lectura. Mentres que o edificio anexo dispón de aulas, laboratorio de idiomas e de informática, salas de seminarios, despachos de profesorado, servizo de reprografía, biblioteca, asociacións de alumnado e cafetaría (comedor de autoservizo).

Máis información sobre a E.U.E.E.