Universidad de Vigo (logo)

Cómo chegar á Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo

A Escola Universitaria de Estudos Empresariais (EUEE) da Universidade de Vigo está situada na zona urbana de Vigo, no antigamente denominado Campus Histórico, na rúa do Conde de Torrecedeira, núm. 105. A súa privilexiada localización no centro da cidade de Vigo facilita o seu acceso, xa sexa desde a cidade de Vigo como desde poboacións limítrofes.

Cómo chegar á EUEE desde Vigo utilizando o Transporte Urbano

Existen numerosas liñas de transporte urbano da empresa Vitrasa que teñen paradas a distancias curtas da EUEE. En concreto, a liña Circular Centro C1, para xusto diante da entrada da Escola Universitaria de Estudos Empresariais (EUEE) da Universidade de Vigo. No mapa de liñas elaborado por Vitrasa pódese consultar o traxecto de todas as súas liñas. Basta situar o mapa na rúa do Conde de Torrecedeira. Á esquerda do devandito mapa figura unha listaxe con todas as liñas. Facendo clic en cada unha delas debúxase sobre o mapa o traxecto da liña. Ademáis, é posible consultar todas as rutas percorridas polos autobuses de Vitrasa na súa páxina web.

Máis Información sobre Vitrasa

Cómo chegar á EUEE desde fóra de Vigo en autobús

Existen varias empresas de transporte por estrada que poñen ao servizo do estudantado universitario as súas liñas de autobuses para desprazarse desde as respectivas cidades aos centros de estudo. De xeito informativo indicaremos algunhas delas, sen que isto queira dicir que non existan outros medios.

Liña de Autobuses Marín - Pontevedra - Campus de Vigo

Liña de Autobuses Pontevedra - Vigo

Liña Ourense - Campus de Vigo

  • Empresa: Auto Industrial
  • Tlf (Vigo): 986 37 16 65
  • Tlf (Ourense): 988 21 53 56

Cómo chegar a Vigo en barco

Liña Cangas - Vigo

Liña Moaña - Vigo